Menu Content/Inhalt
Xoves, 23 de Maio de 2013
INICIO arrow PRENSA arrow AROA FREIJE, NA POSICIÓN 14 TRALA PROBA DE NATACIÓN NO EUROPEO CADETE DE PÉNTATLON
Esquina superior izquierda Esquina superior derecha
AROA FREIJE, NA POSICIÓN 14 TRALA PROBA DE NATACIÓN NO EUROPEO CADETE DE PÉNTATLON Imprimir

• Joel Rois, que mellorou nun segundo a súa marca, vai na posición 48 e ambos esperan mellorar posicións na combinada de mañá.


Lugo, 16 de agosto de 2012. Aroa Freije e Joel Rois fixeron unha moi boa actuación na proba de natación no  Campionato de Europa Cadete de Péntatlon, que se está a disputar en Varsovia (Polonia). Aroa igualou a súa mellor marca (2´18) e vai 14ª empatada coa 13ª clasificada, mentres que Joel mellorou nun segundo a súa marca (2´17) e ocupa a posición 48. Ambos confían en escalar posicións na clasificación na xornada de mañá, xa que disputan a combinada, onde teñen moi bo rendemento normalmente.

No día de hoxe, Aroa Freije, campioa de España, fixo un tempo de 2.18 na natación e logrou igualar a súa mellor marca. Mañá sairá a 24 segundos da primeira clasificada, que é a polaca Maja Klich. Aroa está situada actualmente na decimocuarta posición, empatada coa 13ª. Na segunda posición está Valeria Zhananova (Ucraína), mentres que terceira é Olena Mararovets (Ucraína).

Na combinada Aroa espera mellorar a súa posición, xa que é moi boa tiradora e unha gran atleta. A principal dificultade é que por vez primeira utilizarán láser no tiro, aínda que estiveron practicando estas últimas semanas para adaptarse a esta novidade.

Na proba masculina, Joel Rois fixo un tempo de 2´17 e mellorou nun segundo a súa mellor marca. Actualmente ocupa a posición 48 e sairá a 57 segundos do primeiro clasificado (Henry Choong, de Gran Bretaña). O segundo clasificado é Gabriel Cianelli (Italia), mentres que na terceira posición se atopa Anton Kunznestov (Ucraína). Joel confía en remontar no combinada, xa que é a disciplina que mellor se le da.

 
< Anterior   Seguinte >
Esquina inferior izquierda Esquina inferior derecha