Menu Content/Inhalt
Luns, 6 de Setembro de 2010
INICIO arrow INICIO arrow A selección galega competiu en Chile na Copa Panamericana de Triatlón
Esquina superior izquierda Esquina superior derecha
A selección galega competiu en Chile na Copa Panamericana de Triatlón Imprimir
Importante actuación da Selección Galega de Tríatlon en Viña del Mar (Chile),  na Copa Panamericana de Triatlón o pasado 10 de xaneiro, onde os nosos triatletas acadaron puntos ITU de alta relevancia para o seu futuro deportivo.

Na proba feminina,  onde resultou vencedora a ecuatoriana, Elisabeth Bravo,  Saleta Castro, acadou o 8º posto,  detrás da primeira española Neus Cayla que quedou 7ª. Este 8º posto  é moi importante para a triatleta galega pois aportalle un importante número de puntos ITU.  Estefanía Domínguez, quedou no posto 14º, despois de sufrir un accidente no sector da bicicleta polo que tivo que ser atendida ó remate da mesma,   quedando así fóra da puntuación ITU que era o gran obxectivo da selección.

Na competición masculina o campión foi o italiano, Alessandro Fabián  quedando 2º  o triatleta español Francesc Godoy e acadando Oscar Vicente o 11º  posto a tan só 2'29'' e Jesús Gomar o  18º. Os dous triatletas acadaron puntos ITU ó estar clasificados entre os 20 primeiros.

 
< Anterior   Seguinte >

Prensa

JESÚS GOMAR E AÍDA VALIÑO, CAMPIÓNS DO XXII TRÍATLON DO MIÑO

Jesús Gomar (Cidade de Lugo Fluvial) e Aída Valiño (Cidade de Lugo Fluvial) foron os gañadores do XXII Tríatlon do Miño, que se disputou hoxe en Lugo. A nivel de clubs, o Cidade de Lugo Fluvial, foi o gañador tanto na categoría masculina como feminina.

Ler máis...
 
UXÍO ABUÍN, CAMPIÓN DO MUNDO JÚNIOR DE DÚATLON E ÓSCAR VICENTE, MEDALLA DE BRONCE SUB 23

Uxío Abuín (T. Remeco Muralla de Lugo) proclamouse hoxe campión do Mundo de Dúatlon júnior, mentres que Óscar Vicente (Cidade de Lugo Fluvial) logrou a medalla de bronce na categoría sub 23.

Ler máis...
 
O 5 DE SETEMBRO TERÁ LUGAR O XXII TRÍATLON DO MIÑO CON DOUSCENTOS PARTICIPANTES

O domingo 5 de setembro celebrarase a XXII edición do Tríatlon do Miño en Lugo, proba na que están inscritos douscentos participantes e que forma parte do Circuíto Galego de Tríatlon.

Ler máis...
 
Esquina inferior izquierda Esquina inferior derecha