Menu Content/Inhalt
Luns, 6 de Setembro de 2010
INICIO arrow INICIO arrow A selección galega participou con éxito en La Paz (17-01-2010)
Esquina superior izquierda Esquina superior derecha
A selección galega participou con éxito en La Paz (17-01-2010) Imprimir
A selección galega de tríatlon remata a súa viaxe por américa latina cunha excelente actuación na Copa Panamericana de Tríatlon, en La Paz (Arxentina)
O equipo feminino acadou importantes resultados nesta proba;   a pesares da caída sufrida na proba anterior  por Estefanía Calvo, finalmente o equipo técnico autorizou a súa participación, realizou unha moi boa carreira e xunto á súa compañeira de equipo remataron nos postos 5º e 6º absolutos o que lles dará un importante número de puntos ITU. Saleta Castro subíu tamén ó podio como 3ª Sub23.
No equipo masculino, Jesús Gomar finalizou no 13º (4º Sub23) e Oscar Vicente acadou o posto  33. 
A viaxe da selección galega foi productiva e pode dicirse que cumpríu coas expectativas e obxectivos marcados, experiencia internacional e puntos ITU para estes triatletas que teñen un alto nivel e se atopan entre os mellores no ámbito estatal.
 
< Anterior   Seguinte >

Prensa

JESÚS GOMAR E AÍDA VALIÑO, CAMPIÓNS DO XXII TRÍATLON DO MIÑO

Jesús Gomar (Cidade de Lugo Fluvial) e Aída Valiño (Cidade de Lugo Fluvial) foron os gañadores do XXII Tríatlon do Miño, que se disputou hoxe en Lugo. A nivel de clubs, o Cidade de Lugo Fluvial, foi o gañador tanto na categoría masculina como feminina.

Ler máis...
 
UXÍO ABUÍN, CAMPIÓN DO MUNDO JÚNIOR DE DÚATLON E ÓSCAR VICENTE, MEDALLA DE BRONCE SUB 23

Uxío Abuín (T. Remeco Muralla de Lugo) proclamouse hoxe campión do Mundo de Dúatlon júnior, mentres que Óscar Vicente (Cidade de Lugo Fluvial) logrou a medalla de bronce na categoría sub 23.

Ler máis...
 
O 5 DE SETEMBRO TERÁ LUGAR O XXII TRÍATLON DO MIÑO CON DOUSCENTOS PARTICIPANTES

O domingo 5 de setembro celebrarase a XXII edición do Tríatlon do Miño en Lugo, proba na que están inscritos douscentos participantes e que forma parte do Circuíto Galego de Tríatlon.

Ler máis...
 
Esquina inferior izquierda Esquina inferior derecha