Menu Content/Inhalt
Venres, 24 de Maio de 2013
INICIO arrow PRENSA arrow SETE MEDALLAS PARA GALICIA NA PRIMEIRA PROBA DO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE PENTATLÓN MODERNO
Esquina superior izquierda Esquina superior derecha
SETE MEDALLAS PARA GALICIA NA PRIMEIRA PROBA DO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE PENTATLÓN MODERNO Imprimir

• Tres ouros e catro pratas na proba disputada en Sant Boi de Llobregat.


Lugo, 25 de febreiro de 2012. A selección galega acadou sete medallas (tres ouros e catro pratas) na primeira proba do Campionato de España de Pentatlón Moderno por autonomías, disputada hoxe en Sant Boi de Llobregat. Con este resultado, Galicia ocupa a segunda posición provisional na xeral por detrás de Catalunya.

Foi o primeiro enfrontamento da tempada e Galicia logrou un magnífico resultado, e iso a pesar de acudir un equipo bastante curto  de doce deportistas, por dúas baixas de última hora. Aínda así, as e os deportistas galegos amosaron ás súas gañas de seguir medrando.

Desta forma, na categoría benxamín masculina, Esteban Basanta logrou a medalla de prata, mesmo metal que acadou Martín Freije en alevín masculino.  Pero houbo máis. En infantil feminino Lúa Vidal logrou a medalla de ouro e tamén foi primeira Aroa Freije que, a pesar de ser infantil por idade, competiu en cadete feminino e foi a mellor.

E na categoría cadete masculino houbo dobrete, co ouro de Raúl Blanco e a prata de Joel Rois. E por último, destacar a medalla de prata de Eva Basanta (que está adestrando no Centro de Alto Rendemento de Sant Cugat) na categoría xuvenil feminina.


O campionato de España por autonomías de pentatlón –nas categorías de benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil- está formado por tres probas, das cales a segunda celebrarase en Lugo o próximo día 24 de marzo. Nas categorías benxamín, alevín e infantil as e os deportistas realizan somentes as probas de combinada (carreira e tiro) e natación, mentres que en cadete e xuvenil tamén compiten en  esgrima. A proba de hípica só se realiza nas categorías superiores (júnior e absoluto), que non están incluídas neste campionato.

 
< Anterior   Seguinte >
Esquina inferior izquierda Esquina inferior derecha