| GALICIA PARTICIPARÁ ESTA FIN DE SEMANA NA COPA DE EUROPA DE PÉNTATLON DE CATEGORÍAS MENORES |
|
|
• A Federación presenta en San Boi un equipo de catro deportistas. Lugo, 26 de abril de 2012. Galicia participará esta fin de semana na Copa de Europa de Péntatlon de Categorías Menores que se celebra en San Boi de Llobregat. A selección galega, dirixida por Ana Valín, estará formada por Aroa Freije, Raul Blanco, Joel Rois e Eva Basanta. Na Copa de Europa celebraranse dúas probas: Individual e por equipos. O sábado 28 de abril celebrarase o torneo individual, no que as e os deportistas realizarán catro especialidades (natación, combinada -carreira e tiro- e esgrima) e haberá clasificación individual por cada categoría. O domingo terá lugar a Copa por equipos mixtos e aquí Galicia competirá con dous equipos: Raul Blanco e Aroa Freije (cadete) e Joel Rois e Eva Basanta (xuvenil). A clasificación nesta competición realizarase coa suma dos resultados dos dous deportistas en todas as probas. San Boi acollerá a única proba da Copa de Europa que se celebra en España, das seis que conforman a Copa de Europa. Esta competición aporta puntos para o ranking europeo. |
| < Anterior | Seguinte > |
|---|
Prensa
| GÓMEZ NOYA DÁ O PISTOLETAZO DE SAÍDA AO I TRIATLÓN CONCELLO DE PORRIÑO |
|
O triatleta galego Javier Gómez Noya, campión do mundo e de Europa, asistiu esta mañá en Porriño, á presentación do I Triatlón Concello de Porriño Tui-Porriño xunto ao alcalde Nelson Santos; o presidente da Federación Galega de Triatlón, Francisco Villanueva; o concelleiro de Deportes do Concello de Porriño, M. Alejandro Lorenzo e o concelleiro de Deportes do Concello de Tui, Nicolás Lorenzo. |
|
| Ler máis... |
| RUANOVA, SEXTO E RAÑA, DÉCIMO NA COPA DO MUNDO DE HUATULCO |
| Na Copa do Mundo de Triatlón ITU de Huatulco, os dous representantes galegos obtiveron notables resultados ao entrar ámbolos dous no Top-10. Antón Ruanova lograba a sexta praza, mentres que Iván Raña cruzaba a liña de meta en décimo lugar. | |
| Ler máis... |
| GÓMEZ NOYA, CAMPIÓN DE EUROPA DE MEDIA DISTANCIA EN CALELLA |
|
Lugo, 19 de maio de 2013. O ferrolán Javi Gómez Noya proclamouse hoxe en Calella campión de Europa de Media Distancia e gañador da Half Challenge Barcelona no seu debut nesta distancia. Ademais, Gustavo Rodríguez rematou na undécima posición. |
|
| Ler máis... |



