Menu Content/Inhalt
Venres, 24 de Maio de 2013
INICIO arrow INICIO arrow ESCAPOUSE O SOÑO DE IVÁN RAÑA
Esquina superior izquierda Esquina superior derecha
ESCAPOUSE O SOÑO DE IVÁN RAÑA Imprimir

• A lesión no pe non lle permitiu loitar en igualdade de condicións con Josemi Pérez e quedou fóra dos Xogos.

Lugo, 27 de maio de 2012. Iván Raña (Arcade Inforhouse) non poderá cumprir o seu soño e disputar os que serían os seus cuartos Xogos Olímpicos. Loitou ata o final, pero non puido loitar en igualdade de condicións por culpa dunha lesión nun pe, que arrastra dende hai varias semanas.

O ordense coñecía as dificultades, pero non quixo renunciar a intentalo polo menos. Raña levaba máis dun mes loitando cunha lesión nun pe que lle impedía competir no segmento de carreira a pe, pero el sabía que en xogo estaba a súa participación en Londres 2012, así que decidiu arriscar e seguir competindo, aínda que o recomendable para curarse sería parar.

Á proba de Madrid Iván Raña e Josemi Pérez chegaban case empatados e aquel que quedase por diante competiría nos Xogos Olímpicos. Iso si, para garantir esa terceira praza para España había que rematar entre os 27 primeiros. Josemi rematou na posición 26 e será o terceiro español en Londres. Iván demostrou a súa fortaleza e dignidade rematando a proba, saudando ao público na chegada e abrazando a Josemi ao traspasar a liña de meta. Todo un señor.

 O gañador e dominador absoluto da proba foi o gran favorito, Jonathan Brownlee, que dende a súa reaparición suma dúas claras vitorias. En Madrid foi primeiro cun tempo de 1:51:49, con 40 segundos de vantaxe sobre o ruso Bryukhankov. O primeiro español foi Mario Mola, na novena posición, mentres que Fernando Alarza foi 21º.

Na loita por conseguir esa terceira praza para os Xogos, Josemi ou Iván tiñan que quedar do posto 27 para adiante e o que quedase por diante lograba a súa clasificación. A clave da carreira estivo no segmento de ciclismo, xa que Iván Raña estaba no segundo grupo con bastante vantaxe sobre o terceiro (con Josemi) e en vez de tirar e aumentar a diferenza, o grupo foi moi lento e chegaron ao inicio da carreira a pe xuntos. E aquí Iván ten moi pouco que facer, xa que leva oito semanas sen poder adestrar por culpa desta lesión e sufre moito correndo. Así, Josemi marchou en solitario e buscou esa posición que garantía a praza nos Xogos e chegou no posto 26. Ao final, Raña foi 44 cun tempo de 1:57:56 e rematou cunha profesionalidade que demostrou o tipo de deportista que é.

 
< Anterior   Seguinte >

Prensa

ESTA FIN DE SEMANA DISPUTARASE E ÁGUILAS O CAMPIONATO DE ESPAÑA DE ACUATLÓN E A COPA DO REI

• Cidade de Lugo, Arcade Inforhouse e Tríatlon Ferrol (na feminina) buscarán o título na Copa.
• O sábado  disputarase o Campionato de España de Acuatlón, no que Gomar defenderá o título.

Lugo, 23 de maio de 2013. Águilas acollerá esta fin de semana o Campionato de España de Acuatlón (sábado 25) e a Copa do Rei de Tríatlon (domingo 26) coa participación de case 2.000 deportistas en todas a probas disputar ao longo destes días. En ambos campionatos os clubs e os deportistas galegos teñen moito que dicir e enfrontan os torneos coa intención de loitar polos primeiros postos.

Ler máis...
 
O SÁBADO 25 DE MAIO CELEBRARASE EN CANTABRIA A ÚLTIMA PROBA DO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE PÉNTATLON MOD

• Galicia e Cataluña loitarán polos títulos.


Lugo, 23 de maio de 2013. A terceira e última proba do Campionato de España de seleccións autonómicas de Péntatlon Moderno celebrarase en Punta Parayas (Cantabria) o sábado 25 de maio, con Galicia e Cataluña loitando polos títulos nas diferentes categorías.

 

Ler máis...
 
GÓMEZ NOYA DÁ O PISTOLETAZO DE SAÍDA AO I TRIATLÓN CONCELLO DE PORRIÑO

O triatleta galego Javier Gómez Noya, campión do mundo e de Europa, asistiu esta mañá en Porriño, á presentación do I Triatlón Concello de Porriño Tui-Porriño xunto ao alcalde Nelson Santos; o presidente da Federación Galega de Triatlón, Francisco Villanueva; o concelleiro de Deportes do Concello de Porriño, M. Alejandro Lorenzo e o concelleiro de Deportes do Concello de Tui, Nicolás Lorenzo.

Ler máis...
 
Esquina inferior izquierda Esquina inferior derecha