Menu Content/Inhalt
Xoves, 23 de Maio de 2013
INICIO arrow PRENSA arrow ESTA FIN DE SEMANA CELEBRARASE EN VALENCIA A LIGA NACIONAL DE CLUBS
Esquina superior izquierda Esquina superior derecha
ESTA FIN DE SEMANA CELEBRARASE EN VALENCIA A LIGA NACIONAL DE CLUBS Imprimir

• Cidade de Lugo defende o título na categoría feminina e o Arcade foi segundo o pasado ano na masculina.
• Esta proba puntúa para a Superliga.


Lugo, 31 de maio de 2012. Esta fin de semana celebrarase en Canet d´en Berenguer (Valencia) a Liga Nacional de Clubs de Primeira División, na que o Cidade de Lugo Fluvial defende o título feminino e o Arcade Inforhouse o segundo posto na categoría masculina. Ademais, celebrase a Liga de Segunda División e a de Promoción.

A Liga de Primeira División, que puntúa para a Superliga, terá lugar o domingo 3 de xuño. A proba feminina, con dez equipos participantes, comezará ás dez da mañá e parte como favorito o Cidade de Lugo Fluvial. Ademais, tamén participan o Arcade Inforhouse e o Tríatlon Ferrol (que logrou o ascenso o pasado ano), representando ao tríatlon galego. Na proba masculina, que comezará ás 11:30 horas, tamén haberá dez clubs e tres deles son galegos (Cidade de Lugo Fluvial, Arcade Inforhouse e Muralla de Lugo –recén ascendido-).

Cada entidade debe presentar un equipo formado por un mínimo de 8  deportistas e un máximo de 10 e puntúan todos os participantes. O regulamento da proba sinala que aqueles deportistas que cheguen a meta cun tempo superior ao vinte por cento máis do primeiro clasificado, quedará descualificado. Descenden os tres últimos clasificados e a proba disputarase sobre a distancia sprint (750 metros de natación -20 quilómetros de bicicleta-5 quilómetros de carreira a pe).
Segunda División. O sábado 2 de xuño disputarase a Segunda División coa participación do A.D. Fogar, tanto na categoría masculina coma feminina. Aquí ascenden os tres primeiros clasificados e descenden os tres últimos. A novidade nesta categoría no regulamento é que os equipos teñen que estar formados por un mínimo de 6 deportistas e un máximo de 10.

 
< Anterior   Seguinte >
Esquina inferior izquierda Esquina inferior derecha