Menu Content/Inhalt
Martes, 21 de Maio de 2013
INICIO arrow INICIO arrow ÓSCAR VICENTE, DÉCIMO NA COPA DE EUROPA DE CRETONA
Esquina superior izquierda Esquina superior derecha
ÓSCAR VICENTE, DÉCIMO NA COPA DE EUROPA DE CRETONA Imprimir

• O galego foi o primeiro español na proba, mentres que Jesús Gomar e Uxío Abuín foron 16 e 17.


Lugo, 10 de xuño de 2012. Óscar Vicente foi o décimo clasificado na Copa de Europa Sprint de Cretona (Italia), que se celebrou hoxe, e logrou desta forma importantes puntos para o ranking ITU. E non foi o único, xa que Jesús Gomar e Uxío Abuín tamén remataron entre os vinte primeiros: Jesús foi o 16º e Uxío 17º. Na categoría feminina o papel das galegas foi máis discreto, ao non rematar entre as vinte primeiras.

Na proba masculina, Óscar Vicente foi de menos a máis para rematar nun meritorio décimo posto, sendo o primeiro español cun tempo de 56:13. O galego comezou bastante mal no segmento de natación, a máis dun minuto dos primeiros clasificados, pero a partir de aí comezou unha remontada espectacular. Xa fixo unha boa bicicleta (entre os quince mellores) e foi o mellor no segmento de carreira a pe, o que lle permitiu rematar a proba na décima posición.

Tamén temos que destacar o 16º posto de Jesús Gomar (56:46) e o 17º de Uxío Abuín (56:49), que tamén lograron puntos para a clasificación ITU. Ademais era unha proba de alto nivel, con importantes deportistas loitando pola vitoria. O gañador da Copa de Europa de Cretona foi o británico Thomas Bishop (54:58), mentres que segundo foi o ruso Igor Polyanskiy (55:27).

Na categoría feminina as cousas non foron tan positivas para as galegas, xa que non lograron rematar entre as vinte primeiras. Estefanía Domínguez chegou na posición 24, cun tempo de 1:04:48 e Melina Alonso foi 36ª (1:07:13). A vencedora da Copa de Europa foi Lois Rosindale (Gran Bretaña) cun tempo de 1:02:09.

Tríatlon de Zarautz. Pola súa banda, Saleta Castro foi cuarta no Tríatlon de Media Distancia de Zarautz, que se disputou onte na localidade vasca. A galega, que viña de disputar o Ironmán de Lanzarote, non se atopou ben en ningún momento, xa que ambas probas estaban excesivamente cerca e acumulaba moito cansanzo. Así, a pesar de que rematou o tríatlon as sensacións sempre foron malas e sen posibilidades de atacar ás que ían por diante. A gañadora foi Maider Gaztadga cun tempo de 4:37:12, mentres que Saleta fixo un tempo de 4:54:55. Agora, a deportista galega vai descansar durante uns días.
 
Na categoría masculina gañou o gran favorito, Eneko Llanos, cun tempo de 3:547:02. O galego Javichín Pérez rematou na posición 98 (4:48:23), mentres que Omar González (adestrador de Javi Gómez Noya) chegou na posición 349 cun tempo de 5:23:29. Esta proba é un referente no calendario e a edición deste ano tivo unha participación superior aos 600 deportistas.


 
< Anterior   Seguinte >

Prensa

GÓMEZ NOYA, CAMPIÓN DE EUROPA DE MEDIA DISTANCIA EN CALELLA

Lugo, 19 de maio de 2013. O ferrolán Javi Gómez Noya proclamouse hoxe en Calella campión de Europa de Media Distancia e gañador da Half Challenge Barcelona no seu debut nesta distancia. Ademais, Gustavo Rodríguez rematou na undécima posición.

Ler máis...
 
SALETA CASTRO, BRONCE NO IRONMAN DE LANZAROTE

• Magnífico resultado da deportista galega, que se converte na terceira española en acadar un podio nesta proba.


Lugo, 18 de maio de 2013. Saleta Castro acadou hoxe a medalla de bronce no Ironman de Lanzarote, unha proba do máximo prestixio na longa distancia que contou coa participación de 1.800 deportistas. Con este espectacular resultado, a galega convertese na terceira deportista española capaz de acadar un podio no Ironman de Lanzarote, que detrás do de Haway, é o máis destacado.


Ler máis...
 
JESÚS GOMAR, CAMPIÓN NA COPA DE ÁFRICA DE LARACHE

• Aída Valiño logrou a medalla de prata na proba feminina.


Lugo, 18 de maio de 2013. Galicia acadou uns resultados espectaculares na VIII Copa de África de Larache, que se celebrou hoxe cunha destacadísima participación. Jesús Gomar, que finalmente competiu, logrou o título, mentres que na categoría feminina Aída Valiño acadou a medalla de prata.

Ler máis...
 
Esquina inferior izquierda Esquina inferior derecha